Filmes propostos ó mellor filme internacional na 32ª edición dos Óscar
Aparencia
Os seguintes 13 filmes, todo eles de países diferentes, foron propostos na 32ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, Francia, Italia, os Países Baixos e Alemaña Occidental. Francia gañou o premio co filme Orfeo negro, un drama rodado no Brasil en lingua portuguesa.[1]
Os Países Baixos, Paquistán, Hong Kong e Singapur presentaron filmes por vez primeira.
O filme dinamarqués Paw, de Astrid Henning-Jensen, foi o primeiro filme dirixido por unha muller nomeado nesta categoría.
Propostas
[editar | editar a fonte]País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Alemaña Occidental | Die Brücke | Alemán | Bernhard Wicki | Nomeado
|
Dinamarca | Paw | Dinamarqués | Astrid Henning-Jensen | Nomeado
|
Exipto | Doaa al-Karawan | Árabe | Henry Barakat | Non nomeado |
Francia | Orfeo negro | Portugués | Marcel Camus | Premio da Academia |
Hong Kong | Yu guo tian qing | Mandarín | Yueh Feng | Non nomeado |
India | Apur sansar | Bengali | Satyajit Ray | Non nomeado |
Italia | La grande guerra | Italiano | Mario Monicelli | Nomeado
|
Iugoslavia | Vlak bez voznog reda | Serbocroata | Veljko Bulajić | Non nomeado |
México | Nazarín | Castelán | Luis Buñuel | Non nomeado |
Países Baixos | Dorp aan de rivier | Neerlandés | Fons Rademakers | Nomeado
|
Paquistán | Jago Hua Savera | Urdú | A. J. Kardar | Non nomeado |
Singapur | Jiang shan mei ren | Mandarín | Li Han-hsiang | Non nomeado |
Xapón | Nobi | Xaponés | Kon Ichikawa | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 32nd Academy Awards (1960) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.